
Neste plano de Pontevedra aparece debuxada en cor rosa a rúa Michelena, en cor Vermella a rúa Xeneral Gutierrez Mellado e en cor verde Fernandez Villaverde. O mapa ampliado atópase na seguinte dirección. http://www.spainviajes.com/stats/plano-pontevedra.JPG
A pesar do reducido número de enquisas feitas paréceme excesivo redactalas de forma completa, polo que intentarei expoñer a continuación, as principais conclusións que se extraen dela.
O 90% dos comerciantes enquisados responderon que están a favor da peatonalización realizada na cidade, e o 100% coinciden en que non debe de peatonalizarse ningunha rúa máis, de feito algúns pensan que para aliviar o tráfico sería necesario abrir algunha das rúas peatonalizadas.
Todos os enquisados coinciden en que as obras foron molestas e demasiado duradeiras, xa que foron aproximadamente dous anos e como é lóxico, durante este tempo as vendas baixaron considerablemente pola dificultade de acceder ós locais. De feito os comerciantes dalgunhas rúas coma os de Xeneral Gutiérrez Mellado fixeron manifestacións para protestar pola lentitude das obras.
Sen dúbida o tema que xera máis inquedanzas e conflitos é o do tráfico. A pesar das distintas opinións dos enquisados, todos coinciden en que é difícil desprazarse en coche pola cidade e nos problemas que teñen algúns locais para recibir a mercancía. En xeral quéixanse da falta de zonas de carga e descarga, aínda que recoñecen que a policía local comeza a ser máis flexible e permiten a entrada de coches para carga e descarga nestas rúas. Tamén se menciona a dificultade de bombeiros e ambulancias polo centro, xa que as rúas son de sentido único e nas horas punta están atascadas, polo que o paso dun vehículo de urxencia e moi complicado, e incluso os autobuses teñen dificultades para pasar, xa que nas rotondas e nas curvas pronunciadas teñen que facer manobras e incluso subir bordes para poder pasar.
Todos coinciden en que é moi difícil aparcar e que as prazas de aparcamento son insuficientes, tanto as existentes nas rúas coma nos parkings e consideran que o parking que se está a construír na praza do concello será beneficioso para a cidade, porque solucionará, en parte, o problema de aparcamento e pode impulsar o comercio nesta zona da cidade, xa que é moi céntrico, mentres que os demais atópanse cara as aforas.
O problema para aparcar é tal que o 30% dos enquisados teñen unha praza de aluguer no centro para poder ir a traballar sen ter que preocuparse por onde deixar o coche, pagando nalgún caso un prezo desorbitado por deixalo vehículo estacionado dentro dun limite de horas.
Ademais algúns dos entrevistados pensan que se está a derivar outro problema provocado pola peatonalización, o abandono do casco vello da cidade, e en concreto a rúa Fernández Vilaverde, xa que dende a peatonalización da rúa e ó non dispoñer de aparcamento subterráneo nos edificios antigos os inquilinos vense obrigados a alugar ou adquirir prazas privadas en aparcamentos próximos, o que supón un gasto e unha difícil accesibilidade diaria por exemplo para familias con nenos, para levar a compra ata a casa, para persoas maiores, etc.
Como conclusión podemos dicir que en xeral a peatonalización foi positiva, pero todavía existen problemas sen resolver e para os que é necesario buscar una solución rápida, coma o último que mencionamos.
Peatonalización si, pero feita dunha forma coherente e ben planificada, adaptada ás necesidades dunha cidade coma é Pontevedra, acorde o seu tamaño, a súa estrutura interna, a súa morfoloxía, as necesidades dos seus habitantes, atractiva para os turistas…
É unha difícil tarefa conseguir realizar unha intervención deste tipo perfectamente, pero tendo coñecemento dos errores cometidos agora e necesario solucionalos.