lunes, 24 de mayo de 2010

Normalmente un dos colectivos que se opón rotundamente á peonalización das rúas son os comerciantes. Para comprobar ata que punto isto é certo en Pontevedra, fixen una pequena enquisa a modo de mostra por tres rúas que se peatonalizaron no ano 2002, estas son: Michelena, Xeneral Gutiérrez Mellado e Fernández Vilaverde.


Neste plano de Pontevedra aparece debuxada en cor rosa a rúa Michelena, en cor Vermella a rúa Xeneral Gutierrez Mellado e en cor verde Fernandez Villaverde. O mapa ampliado atópase na seguinte dirección. http://www.spainviajes.com/stats/plano-pontevedra.JPG

A pesar do reducido número de enquisas feitas paréceme excesivo redactalas de forma completa, polo que intentarei expoñer a continuación, as principais conclusións que se extraen dela.
O 90% dos comerciantes enquisados responderon que están a favor da peatonalización realizada na cidade, e o 100% coinciden en que non debe de peatonalizarse ningunha rúa máis, de feito algúns pensan que para aliviar o tráfico sería necesario abrir algunha das rúas peatonalizadas.
Todos os enquisados coinciden en que as obras foron molestas e demasiado duradeiras, xa que foron aproximadamente dous anos e como é lóxico, durante este tempo as vendas baixaron considerablemente pola dificultade de acceder ós locais. De feito os comerciantes dalgunhas rúas coma os de Xeneral Gutiérrez Mellado fixeron manifestacións para protestar pola lentitude das obras.
Sen dúbida o tema que xera máis inquedanzas e conflitos é o do tráfico. A pesar das distintas opinións dos enquisados, todos coinciden en que é difícil desprazarse en coche pola cidade e nos problemas que teñen algúns locais para recibir a mercancía. En xeral quéixanse da falta de zonas de carga e descarga, aínda que recoñecen que a policía local comeza a ser máis flexible e permiten a entrada de coches para carga e descarga nestas rúas. Tamén se menciona a dificultade de bombeiros e ambulancias polo centro, xa que as rúas son de sentido único e nas horas punta están atascadas, polo que o paso dun vehículo de urxencia e moi complicado, e incluso os autobuses teñen dificultades para pasar, xa que nas rotondas e nas curvas pronunciadas teñen que facer manobras e incluso subir bordes para poder pasar.
Todos coinciden en que é moi difícil aparcar e que as prazas de aparcamento son insuficientes, tanto as existentes nas rúas coma nos parkings e consideran que o parking que se está a construír na praza do concello será beneficioso para a cidade, porque solucionará, en parte, o problema de aparcamento e pode impulsar o comercio nesta zona da cidade, xa que é moi céntrico, mentres que os demais atópanse cara as aforas.
O problema para aparcar é tal que o 30% dos enquisados teñen unha praza de aluguer no centro para poder ir a traballar sen ter que preocuparse por onde deixar o coche, pagando nalgún caso un prezo desorbitado por deixalo vehículo estacionado dentro dun limite de horas.
Ademais algúns dos entrevistados pensan que se está a derivar outro problema provocado pola peatonalización, o abandono do casco vello da cidade, e en concreto a rúa Fernández Vilaverde, xa que dende a peatonalización da rúa e ó non dispoñer de aparcamento subterráneo nos edificios antigos os inquilinos vense obrigados a alugar ou adquirir prazas privadas en aparcamentos próximos, o que supón un gasto e unha difícil accesibilidade diaria por exemplo para familias con nenos, para levar a compra ata a casa, para persoas maiores, etc.

Como conclusión podemos dicir que en xeral a peatonalización foi positiva, pero todavía existen problemas sen resolver e para os que é necesario buscar una solución rápida, coma o último que mencionamos.
Peatonalización si, pero feita dunha forma coherente e ben planificada, adaptada ás necesidades dunha cidade coma é Pontevedra, acorde o seu tamaño, a súa estrutura interna, a súa morfoloxía, as necesidades dos seus habitantes, atractiva para os turistas…
É unha difícil tarefa conseguir realizar unha intervención deste tipo perfectamente, pero tendo coñecemento dos errores cometidos agora e necesario solucionalos.

lunes, 10 de mayo de 2010

A peonalización supón un gran cambio na morfoloxía e na accesibilidade de calquera cidade na que este proceso se leve a cabo. Pontevedra é unha cidade de sesenta mil habitantes aproximadamente, o que significa un volume de vehículos elevado e concentrado nunhas poucas rúas. Actualmente pódese chegar ó centro a través de cinco rúas, nas que os atascos nas horas punta son elevados para una cidade deste tamaño. Ademais está o problema para aparcar, xa que no centro o número de prazas de aparcamento é moi reducido e practicamente hai que aparcar nun dos 6 parkings de pago situados no mesmo centro. Actualmente estase facendo un novo parking subterráneo no centro e habilitáronse dous espazos a carón do río nos que se pode aparcar de forma gratuíta, pero ós cidadáns pensan que isto non é suficiente e que se debe habilitar outro espazo de parking gratuíto no sur da cidade, xa que os dous que hai están cara o norte.
En canto á morfoloxía da cidade cabe destacar os drásticos cambios ós que foi sometida por mor da peatonalización, xa que rúas que antes tiñan pequenas beirarrúas, un carril de circulación de vehículos para cada sentido e a conseguinte contaminación, ruído, atascos, degradación da calidade de vida na cidade... hoxe son zonas nas que atopamos bancos, zonas axardinadas, fontes, prazas, unha continuidade do nivel do firme que facilita o movemento de persoas con discapacidades físicas, etc Nestas zonas non existe xa a contaminación provocada polo tráfico de vehículos, e son zonas de paseo, de comercio, de ocio, na que a entrada de vehículos está moi limitada. Lugares nos que antes aparcaban os coches son hoxe amplas rúas de recreo, como por exemplo a rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, a propia praza da igrexa da Peregrina ou a rúa Michelena.
A valoración da peonalización en canto á morfoloxía da cidade case sempre é positiva, pero o verdadeiro problema chega á hora de aparcar e de circular en coche pola cidade. Considero que facendo un plan adecuado non ten porque haber ningún problema e que tendo en conta a estrutura da cidade e as costumes dos cidadáns, pódese realizar unha intervención deste tipo sen maiores problemas. O que se vota en falta nesta intervención son alternativas en canto á transporte privado se refire e unha parte do centro comeza a estar deshabitada polo problema que lles ocasiona ás familias con nenos ou persoas maiores o feito de ter que deixar o seu vehículo aparcado nas aforas da cidade, xa que os edificios antigos non dispoñen de parkings subterráneos e por tanto non poden chegar ata a súa casa co coche. Non se está tomando ningún tipo de medida con respecto a este último problema que sinalo, e penso que é importante que se den solucións xa, porque a cidade non só ten que ser un lugar agradable para aqueles que a visitan, se non tamén para os que viven nela.