lunes, 24 de mayo de 2010

Normalmente un dos colectivos que se opón rotundamente á peonalización das rúas son os comerciantes. Para comprobar ata que punto isto é certo en Pontevedra, fixen una pequena enquisa a modo de mostra por tres rúas que se peatonalizaron no ano 2002, estas son: Michelena, Xeneral Gutiérrez Mellado e Fernández Vilaverde.


Neste plano de Pontevedra aparece debuxada en cor rosa a rúa Michelena, en cor Vermella a rúa Xeneral Gutierrez Mellado e en cor verde Fernandez Villaverde. O mapa ampliado atópase na seguinte dirección. http://www.spainviajes.com/stats/plano-pontevedra.JPG

A pesar do reducido número de enquisas feitas paréceme excesivo redactalas de forma completa, polo que intentarei expoñer a continuación, as principais conclusións que se extraen dela.
O 90% dos comerciantes enquisados responderon que están a favor da peatonalización realizada na cidade, e o 100% coinciden en que non debe de peatonalizarse ningunha rúa máis, de feito algúns pensan que para aliviar o tráfico sería necesario abrir algunha das rúas peatonalizadas.
Todos os enquisados coinciden en que as obras foron molestas e demasiado duradeiras, xa que foron aproximadamente dous anos e como é lóxico, durante este tempo as vendas baixaron considerablemente pola dificultade de acceder ós locais. De feito os comerciantes dalgunhas rúas coma os de Xeneral Gutiérrez Mellado fixeron manifestacións para protestar pola lentitude das obras.
Sen dúbida o tema que xera máis inquedanzas e conflitos é o do tráfico. A pesar das distintas opinións dos enquisados, todos coinciden en que é difícil desprazarse en coche pola cidade e nos problemas que teñen algúns locais para recibir a mercancía. En xeral quéixanse da falta de zonas de carga e descarga, aínda que recoñecen que a policía local comeza a ser máis flexible e permiten a entrada de coches para carga e descarga nestas rúas. Tamén se menciona a dificultade de bombeiros e ambulancias polo centro, xa que as rúas son de sentido único e nas horas punta están atascadas, polo que o paso dun vehículo de urxencia e moi complicado, e incluso os autobuses teñen dificultades para pasar, xa que nas rotondas e nas curvas pronunciadas teñen que facer manobras e incluso subir bordes para poder pasar.
Todos coinciden en que é moi difícil aparcar e que as prazas de aparcamento son insuficientes, tanto as existentes nas rúas coma nos parkings e consideran que o parking que se está a construír na praza do concello será beneficioso para a cidade, porque solucionará, en parte, o problema de aparcamento e pode impulsar o comercio nesta zona da cidade, xa que é moi céntrico, mentres que os demais atópanse cara as aforas.
O problema para aparcar é tal que o 30% dos enquisados teñen unha praza de aluguer no centro para poder ir a traballar sen ter que preocuparse por onde deixar o coche, pagando nalgún caso un prezo desorbitado por deixalo vehículo estacionado dentro dun limite de horas.
Ademais algúns dos entrevistados pensan que se está a derivar outro problema provocado pola peatonalización, o abandono do casco vello da cidade, e en concreto a rúa Fernández Vilaverde, xa que dende a peatonalización da rúa e ó non dispoñer de aparcamento subterráneo nos edificios antigos os inquilinos vense obrigados a alugar ou adquirir prazas privadas en aparcamentos próximos, o que supón un gasto e unha difícil accesibilidade diaria por exemplo para familias con nenos, para levar a compra ata a casa, para persoas maiores, etc.

Como conclusión podemos dicir que en xeral a peatonalización foi positiva, pero todavía existen problemas sen resolver e para os que é necesario buscar una solución rápida, coma o último que mencionamos.
Peatonalización si, pero feita dunha forma coherente e ben planificada, adaptada ás necesidades dunha cidade coma é Pontevedra, acorde o seu tamaño, a súa estrutura interna, a súa morfoloxía, as necesidades dos seus habitantes, atractiva para os turistas…
É unha difícil tarefa conseguir realizar unha intervención deste tipo perfectamente, pero tendo coñecemento dos errores cometidos agora e necesario solucionalos.

7 comentarios:

  1. Penso que o maior problema dos mencionados e o aceso dos vehiculos de emerxencia ya que como se di non poden aceder de forma sinxela o centro da cidade polos atascos que se producen, estou dacordo cos demáis tamén.
    Por outro lado, non deberían de peatonalizar máis a cidade, xa que máis que unha cidade en si parecería unha zona de paseo, e se so é iso non benificiaría o comercio da cidade, sería bo que abrisen certas rúas estratexicas para amenizar máis o tráfico.

    ResponderEliminar
  2. Mi opinion es que es necesario que sigan aumentando las calles peatonales en las ciudades,porque les da un mejor aspecto y asi hay una menor utilizacion de coches que tanto contaminan.Y con respecto a los establecimientos si que es verdad que alomjor hay mas dificultad para la catga y descarga pero aumentaron las ventas tambien

    ResponderEliminar
  3. A mí me parece bien que haya calles peatonales, pero en Pontevedra ya hay muchas, y por la calle Benito Corbal que es donde está el hospital no deberían peatonalizarla más porque obstaculiza los vehículos de emergencia además que genera más tráfico.
    Aparte muchas personas que viven en alrededores y trabajan en la ciudad tienen que utilizar el coche para ir, entonces se genera un gran tráfico, por lo tanto, mi opinion es que no peatonalicen más Pontevedra.

    ResponderEliminar
  4. La peatonalización de calles en el centro de una ciudad, en mi opinión, es una buena manera de potenciar el pequeño y mediano comercio. Pero también es cierto que, si las calles escogidas para estas reformas no son las adecuadas, se puede convertir la ciudad en un macrocolapso de coches en todas las calles. Y esto repercutiria directamente en el mismo comercio puesto que se dificultaría el acceso de posibles compradores de las afueras d la ciudad.
    Por tanto, peatonalización sí pero sin excesos y con una selección de calles bien estudiada.

    ResponderEliminar
  5. Me parece logico que los comerciantes quieran la peatonalizacion de las calles, pues seguramente les lleve a aumentar sus ingresos ya que esa calles aumentaran con toda seguridad su numero de viandantes, y mas aun si hablamos de calles centricas.
    Con lo referido al trafico rodado pienso que sería muy efectivo peatonalizar las calles del centro, exceptuando aquellas que vertebren la ciudad, y mejorar pues otras calles mas alejadas del centro, ampliandolas o haciendo una circunvalación.
    De esta manera bomberos, policias o ambulancias poderian pasar sin ningun problema en caso de urgencia y sin atascos. Llevar a cabo una politica como esta es casi imposible de realizar puesto que contaria con muchos grupos opositores, empezando seguramente por la alcaldia. Y ademas ello supondria desmantelar toda la ciudad y gastar un monton de dinero.
    Por ultimo mencionas en la entrada el problema de los aparcamientos, que pienso que es algo general en todas las ciudades. En mi ciudad, Ribeira, tambien tuvieron que construir un parking subterraneo para poder aliviar un poco el numero de vehiculos aparcados en la calle, pero tras dos años de funcionamiento seguimos con el mismo problema.
    Una solución factible sería usar mas transporte publico, esto calmaria el trafico rodado dentro de la ciudad y solucionaria el problema del aparcamiento, sin necesidad de hacer ninguna reforma costosa.

    ResponderEliminar
  6. Aquellas ciudades que gozan de calles peatonales son, a opiniòn de los expertos,mas humanizadas y por tanto disfrutadas por sus habitantes.
    Cierto que hay todos los problemas del tràfico como bien han apuntado otros comentarios,pero a las personas nos gusta pasear,disfrutar de nuestro entorno, recorrer calles y callejuelas sin el agobio de los coches.
    Ciudades como Pontevedra,Sevilla, Madrid, Ourense,Barcelona,Malaga por citar algunas en España, gozan de esas calles llenas de colorido, de bares, cafeterias y restaurantes y pequeños comercios. Son por regla general, calles bien cuidadas que llaman la atencion y son un reclamo para el turista que las visita.

    ResponderEliminar
  7. Patricia Rodríguez31 de mayo de 2010, 0:40

    Coido que o principal problema das cidades nas que se peatonaliza unha parte das súas rúas é que as obras consisten en restrinxi-lo paso dos coches e adoquinar algunhas calzadas .... o tema de por ónde desvia-lo tráfico, de cómo permitir certos accesos básicos e da comunicación e servizos a esas zonas queda nun segundo plano case sempre olvidado, e case sempre sen resolver. É moi importante que as zonas que quedan peatonalizadas non queden marxinadas dos servicios do resto da cidade, por iso, coido que cando se restrinxe o acceso a unha rúa para o tráfico rodado, debe ter unha vía alternativa a esa modificación. Os comerciantes temen os cambios porque non saben cómo lles vai a afectar, pero en xeral, é máis doado ir a mercar a pé que en coche, sempre que o que se merque non sexa pesado ou un bulto de difícil portabilidade. Neste tipo de comercios, para contrarrestar este inconvinte, xa se facilita o transporte do que se mercou, así que segue sen ter un gran impacto no nivel de ventas. O meu punto de vista segue ser a favor da peatonalización pero ben feita, con consideración do que se fai.

    ResponderEliminar